Jácome, rei de Escocia

hamlet460

Hail, King of Scotland! Salve, rei de Escocia! Este era o saúdo ritual que se lles facía a todos os reis de Escocia en homenaxe. Pero foi con Shakespeare con quen esta expresión pasou ao mundo da literatura. Nunha das súas obras máis coñecidas: Macbeth. Nela conta a historia da ambición política desmedida, e as consecuencias de deixarse levar polo poder. Ao longo dos cinco actos vemos como unha casualidade fai que Macbeth se vaia transformando irremediablemente nun tirano, ata tocar fondo.

Pero a ficción é unha cousa e a realidade, outra. Aínda que eu, non sei por que, hoxe, día da constitución da corporación de Ourense, lembreime de Jácome. Poida que sexa porque el agora é o rei de Escocia.

Todos agardando a súa decisión. Uns din que sinxelamente se votará a si mesmo, e seguirá ou non seguirá na oposición. Outros que vai apoiar a Barquero para que saia alcalde, aínda que este non queira. Así, Democracia Ourensana permitiría más adiante que Jesús Vázquez negociase con Jácome repartirse o de ser alcalde.

Para os nosos personaxes, para todos, é só un xogo de ambicións, e de vaidades. Lonxe fican os intereses da cidade e os dos cidadáns. E por iso volve á miña memoria Macbeth.

Poida tamén que sexa esta a razón que fixo que Giles Foden titulase a súa novela, que despois foi película, O último rei de Escocia. Conta a historia de Idi Amin, un ditador ugandés interpretado marabillosamente polo actor Forest Whitaker. Idi Amin comparte con Macbeth esa sensación terrible dun home que se deixa levar pola ambición e por unha paranoia que os acaba levando á destrución.

Hoxe, Jácome é o rei de Escocia. Pero mañá serán outros, se cadra Jesús Vázquez ou Barquero, ou poida que un descoñecido. Porque é a ambición do ser humano a que nos vence. E non falo da Duquesa de Palma. Ou talvez si.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s