Votontos

420449_10150647040443850_787543849_9210501_1578746638_n

Foi fermoso o ascenso do COB. Foi fermoso tamén oír o himno galego cantado polas afeccións, e seguro que alguén se sorprendeu porque non fose pitado. Realmente, cando os símbolos nos representan a todos pasa isto. Claro que nós non temos unha marcha militar inglesa, a Marcha de granadeiros, como himno nacional. Ese himno, con letra ou sen letra de Pemán, representa unha comunidade social e política, pero os equipos que xogaron a final non pertencen a ela. Seguro que se soase o Himno de Riego non sería pitado, aínda que nese caso, non se estaría xogando a final da copa rei… É o que teñen os símbolos.

O mellor símbolo da democracia son as eleccións, onde escollemos os nosos representantes. Por iso somos votantes, a diferenza dos que se desentenden da política, que eran chamados idiotas polos gregos.

Acontece que tal e como son os nosos políticos, máis que votantes, paracemos votontos, votantes tontos. O que votou ao PSOE para tentar que gobernase, sentirase tonto ao ver que Vázquez II, Barquero, non quere gobernar. Tamén o que votou a Jácome, ao comprobar como para ser alcalde está disposto a todo, ata a apoiar aos que antes denunciou por presuntos delicuentes.

Votonto terá que sentirse o que votou a Ourense en Común, por non meterse en pactos e propiciar que goberne o PP, aínda que isto non o votaron en asamblea. Votontos sentiranse os que votaron candidaturas sen representación, porque ninguén fai autocrítica nin muda nada.

Os únicos que non se deben sentir votantes tontos son os votantes do PP, porque seguro que gobernan, e non hai nada mellor para definilos que ver a evolución da provincia nos últimos corenta anos.

Visto o visto, o mellor será ser casta, que así polo menos se poden facer obras sen licenza. As normas son para os votontos. De fondo, mentres acabamos de ler o artigo, soa o himno da Ourensanía entre aplausos.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s