O Himno de Ourense

19ganivet_1677_34387441

A Enquisa sobre Poboación Activa (EPA) hai uns días amosounos que Ourense é a provincia do país con menos xente en idade de traballar. Algo estupendo, claro, que, sumado a que os poucos que traballan por veces semella que tampouco teñen moitas ganas, levaranos a concluír que o noso futuro será tan brillante como o de Caixa Ourense ou o do Club Deportivo Ourense.

E as institucións ourensáns, faltaría máis, preocupándose polo importante. De feito, a Deputación fará oficial o noso himno a próxima semana. Esta claro que o problema da nosa provincia é o himno, por iso xa o anterior presidente, Baltar, o noso Pujol, tivera semellante ocurrencia. A Deputación non está feita para dinamizar a vida da provincia, está feita para privatizar servizos, para comportarse cunhas ínfulas que semellan propias de alguén que non ten nin idea de para que serve unha institución como esta.

Nunha provincia como a nosa, cunha dispersión poboacional tan grande, a súa función é fundamental. Pola contra eles, ignorantes, dedícanse a concibir paridas como as da Ourensanía. En fin, isto debe ser na política como os gin tonics customizados no mundo da restauración. Ocurrencias.

Iso si, para privatizar servizos, para comportarse como unha especie de miniestado e para desviar fondos europeos, para iso si que temos a Deputación, como aquela Ínsula Barataria que Sancho Panza gobernou.

Hai moitos anos nacía neste lugar do mundo o Padre Feijoo, a antítese do que representa a nosa cultura e as nosas institucións actuais. Se todos estes representantes que temos lesen máis a Feijoo, non ao dos Peares, que non escribiu nada, senón a Feijoo, o alaricano de Casdemiro, moito mellor estariamos.

E mentres agardamos sentados, sempre podemos entoar a coro o himno de Ourense. Seguro que é mellor que a Marcha de Granaderos.

*Publicado en La Voz de Galicia o 25 de outubro de 2014

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s