O baloncesto ou a vida

Banksy

No tempo actual as cousas non son o que parecen. Chámanlle política ao que son intereses persoais, ou xornalismo ao que é xuntar letras ou colgar cousas en facebook. E chámanlle baloncesto cando o que queren decir é negocio. Que llo digan ao Club Ourense Baloncesto, que descubriu que para ascender á ACB non abonda con gañar unha eliminatoria, precísanse contactos e pasta.

Contactos e pasta, a historia do noso tempo. En todo. Non hai máis que ver os números destes días en todas as cidades: Iphones para os señores deputados, reparto de diñeiro, asesores e ata os que critican á casta están felices por cobrar a asistencia a plenos e ser coma eles. Para mostra, sempre, sempre Ourense.

Mentres tento que as cousas muden, como aquel optimista e fracasado personaxe do Cándido de Voltaire, entra en vigor una lei de seguridade e unha modificación do Código Penal polémica. Pero tampouco nisto as cousas son o que parecen. Seino porque ser avogado en 2015 en Ourense é tan interesante como ter sido un sans-culottes naquel París anterior á revolución, onde conseguiron que Luis XVI perdese a cabeza. Interesante porque te permite percibir a inxustiza e o cinismo social do aparato do Estado en primeira fila, mentres algúns pensan que o problema é a lei mordaza ou o Código Penal. O problema, como dicía Iñaki Gabilondo, somos nós.

Aínda que Ourense sempre dá sorpresas. Hoxe descubro abraiado que don Agustín un sacerdote que coñezo, tivo a fortuna de contemplar en Roma a rodaxe da mítica escena de La dolce vita, de Fellini, na Fontana de Trevi. Algo tan inverosímil como aquela clienta de Celanova que traballou servindo na casa de David Rockefeller e que cando volveu tróuxose un bastón como agasallo.

E son feliz, ata que lembro o roubo que lle acaban de facer ao COB impedíndolle subir á liga ACB. E decido protestar. Porque protestar, a pesar do que digan, sempre sempre será un dereito. Algo tan sano e tan saludable como escoitar a música de Albert Pla.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s