A importancia de ter amigos

la-importancia-de-tener-amigos-600x773

O importante é ter amigos. Así acaba unha tira cómica que Quino, o autor de Mafalda, comeza cunha señora á que lle rouban a carteira na rúa. E non sei por que, cada vez que afondo na realidad atópome con isto. Cunha sociedade que só é democrática a ratos, e na que só conta ter amigos.

Hai uns anos que un cliente veu polo meu despacho para que lle puxera un pleito por unha factura de 732.000 pesetas. O gracioso era que na factura aparecía un desconto: “menos 300.000, comisión de obras San Francisco”. Fixen a reclamación no xulgado e curiosamente nesta democracia nosa de ratos ninguén fixo nada.

Con todo, cada día pasan cousas positivas. Ana Belén Vázquez, a deputada de Baltar, perdón de Bande, do PP en definitiva, conseguiu que lle anulasen as multas nun xulgado do Contencioso de Ourense. Todo o mundo sabe que os tribunais do Contencioso son supersensibles cos dramas polos que pasan os cidadáns, de feito sono tanto que eu xa recomendo que non se recorra nada porque te desestiman directamente e te condenan en custas. Aínda que agora que o penso, neste caso non foi así. E se resulta que na nosa democracia de ratos, se cadra ten razón Quino e o que cómpre é ter amigos? Non, non creo, seguro que foi porque a deputada tiña razón.

Entrementres, Ourense segue camiño das municipais, xa con case todos os candidatos pechados e coas listas, e cos listos, preparados. Salvo Podemos e Cidadáns que, sabendo como somos, resérvanse para o baile de decembro.

Case parecemos unha democracia civilizada. E ata imos mellorando en estética, que dous dos candidatos que antes tiñan bigote, Barquero do PSOE e Doval da mini Marea, agora xa se presentan sen bigote. Pero con amigos, claro. Porque como ben sabe Rodrigo Rato, e tan sabiamente nos ensinou Quino, o importante nesta vida é ter amigos.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s