O mareo democrático

house-of-cards-2013-512986de042b0-1

A marea democrática suspendida, o pleno do concello suspendido. Que mareo de democracia, e que mareo de marea. E en todo caso, que vergoña. Pero vaiamos por partes, como dicía Jack o destripador.

Ourense en Común tirou por terra a ilusión de moitos cidadáns por iso da vaidade do poder e da ignorancia democrática. Que ben lles viría saber algo de dereito ou de ciencia política, pero a ignorancia é moi atrevida. O que tiñan que facer era escoller a dedo un profesor de dereito político. Aínda que agora que o penso, Mosquera é profesor de dereito político. Logo o problema era só de ignorancia.

E é xustamente esa ignorancia o que comparte a ex-marea cos políticos candidatos en Ourense do PP e do PSOE. Porque, claro, con iso de que en Ourense imitamos moi ben, aínda que non tan ben, os dous partidos do poder abren oficinas de candidatos imitando o modelo americano. Imitan un modelo onde os apoios non son tanto de partidos como de persoas. Por iso en USA abren oficinas os candidatos, pero aquí non ten ningún sentido. Por moito que posen e se poñan todos guapos como pensando nalgo sesudo, ningún votante do PSOE vai ir á oficina de Vázquez do PP coller caramelos. Tampouco ningún votante do PP vai ir á oficina de Vázquez do PSOE por pegatinas. Definitivamente, deberían prohibir a serie House of cards.

Vale, ten menos sentido tomar como modelo a Portland, porque iso significa non só non saber de política, senón tampouco saber do noso mundo real. Que triste.

Cando no país estamos a falar das mareas democráticas, aquí en Ourense, como moito falamos do mareo democrático. Ourense, por riba de desquiciada e abandonada, agora mareada.

E só nun mareo, nun delirio, que amosa o mal que estamos, podemos imaxinar que un concelleiro ourensán poida ser agredido por alguén. Algo tan inverosímil como que un vendedor de instrumentos sexa agredido polo membro dunha banda. De música… Unha mágoa.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s