Xulgados en Ourense

dedo

Vivimos tempos complexos. O día a día imponse con parámetros que calquera cun algo de lóxica non pode comprender. A sociedade confunde o importante co secundario, gasta o diñeiro dos impostos en parvadas como o vídeo de Alejandro Sanz, mentres as Urxencias hospitalarias están colapsadas e a xente sofre. E a sociedade, mentres non lle toque, mira para outro lado.

Esta é a crise real. Unha crise que, por certo, só se pode superar con ideas, con conciencia social, con responsabilidade. Dicía Czeslaw Milosz, escritor e pensador polaco, premio Nobel de literatura, que non lle damos importancia ás ideas ata que sufrimos as súas consecuencias. E o outro día cando tiven que ir, por este traballo meu de avogado, ao novo edificio xudicial, lembrei todo isto cunha certa melancolía. Melancolía porque se se fixese de novo o edificio, volvería acontecer o mesmo.

Non hai que ser moi listo para decatarse de que antes de facer un edificio hai que buscar un lugar axeitado, de que hai que acondicionar os accesos, os espazos, valoralo coma un acontecemento urbano, e pensar. Aquí, non se fixo nada. Por non facer, nin se pediran nin se pagaran as respectivas licenzas urbanísticas.

Limitáronse uns e outros, todos, de todos os partidos, de todas as administracións, de todos os que traballamos no xulgado, a tirar fotos. Non fixeron nada máis. E como se fai neste país, cando non serve para nada, cando o problema apenas ten solución, nese intre, decidimos pensar, ou facer algo.

Lonxe quedan as fotos deses todos revisando con finxido interese a evolución das obras. Lonxe quedará a inauguración, e ese segundo de gloria para uns e outros, para todos.

Teño moi claro que o problema da xustiza en Ourense, da xustiza no país non é o edificio dos xulgados. É todo o demais. Aínda que isto tampouco lle importe a ninguén. Ata que lle toque, claro, ser xulgado.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s