A provincia dos zombis políticos

ejercito-de-trabajadores-1024x640

Persoas sen vida, apáticas ou que viven completamente alleas ao seu entorno. Esta é a definición informal que recolle o dicionario Oxford da palabra zombi, e ben ilustrativa da nosa realidade política.

Porque si, así son os nosos políticos provinciais. E da igual case que vivan nas antípodas ideolóxicas, ou que non teñan ideoloxía, só intereses. O singular é que viven nas antípodas da realidade. Como se fosen marcianos. Aínda que non todos. Algúns fan cousas tan paveras que máis que marcianos parecen pallasos.

O caso é que entre zombis, marcianos, pallasos e comparsas varias, vai pasando o tempo, camiño das eleccións municipais. Poida que sexa ese gusto que temos pola festa e polo Entroido o que nos axude a comprendelo todo. Unhas veces móntase o espectáculo no Concello, outras veces na Deputación, pero sempre co diñeiro noso. Como todo o que se fai na provincia. A este paso, só faltaría que lle pagasen trescentos mil euros a un cantante por promocionar a provincia ou a cidade. Perdón, iso non se lle pode ocorrer a ninguén.

Claro que se reducimos o planeamento provincial a unha palabra tan baleira como ourensanía, que é algo así como falar de peinar bombillas ou da cor do cabalo branco de Santiago, entenderemos que Ourense é un mundo de posibilidades.

Teñamos altura de miras. Esquezamos o planeamento da provincia e o da cidade. E loitemos para que os nosos políticos zombis recuperen as promesas de verdade. Facer o Miño navegable. Poñer un ascensor ou un teleférico que una Ourense sur con Ourense norte, coma se isto fose a capital de Bolivia.

Eu confórmome con que prometan quitar todos os autobuses e poñan un tranvía. Ou mellor aínda, fagamos un circuíto de fórmula 1, ou unha estación espacial para irmos a Marte.

Alí non se pode respirar, pero será mellor que vivir rodeado de zombis.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s