Podemos, podemos

2046_1226515064_4

Podemos ser optimistas. Tras comprobar os resultados do domingo, seguramente que podemos ser optimistas na provincia.

Analizando os votos, o partido máis votado é o partido do pobo, o PP, que conseguiu tantos como as seguintes sete candidaturas. Pero tamén foi este o partido que perdeu máis respecto ás Europeas de 2009, trinta mil votos. Así, o PP converteuse no partido máis botado.

O PSOE tamén está de noraboa, conseguiu consolidarse como a segunda forza da provincia, cun 23,33 por cento. E con tantos votos como as seguintes sete candidaturas. Con todo, non parece bo perder máis de vinte e cinco mil votos sobre as anteriores, verdade?

AGE transformouse na terceira forza política, máis de 8.000 votos, que tendo en conta que no 2009 EU sacara 1.200 é como ir pegando botes. E nada máis que falar.

O BNG quedou moi cerca de AGE. Un éxito, pasaron dos 7.000 votos, e consolidaron o apoio en clave de país. Iso si, perderon cinco mil respecto ás anteriores. Inexplicablemente!

Tamén é de salientar que o partido de Rosa Díez está aí, de sexto, pero a ninguén lle importa… Tivo éxito o partido X, con 507 apoios, e o partido Pirata, con 363, pero é que somos así.

Pola contra, os que perderon foron os de Podemos, que sen estrutura conseguiron con 6.431 votos ser só a quinta forza. Como non se presentaron antes, non gañaron, claro. Por iso o resto dos políticos están tranquilos, porque non teñen futuro.

Os que si subiron foron os votos en branco e os nulos, que respecto de 2009 se triplicaron, case 7.000. Isto tamén foi casualidade, non porque o fagan mal os nosos políticos.

Que ninguén se dea por aludido. Que sigan falando de parvadas, que se díscolos, que se desleais, que transparencias e cacicadas. Porque Ourense está tan ben que podemos falar disto.

Si, si, podemos. Se non, ao tempo.

*Publicado en La Voz de Galicia o 31 de maio de 2014

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s