Shakespeare, en Ourense

51239561_custom-0012402eba2fbf5d2b4996a3ead29bac0a725d51-s6-c30

Pouca xente coñece a John Shakespeare, un político inglés fabricante de tecidos que naceu no século XVI. O dos tecidos víñalle do seu traballo familiar de granxeiro. Tiña ovellas das que sacaba algunhas das mellores las de Inglaterra. O problema de John é que era católico. Pola súa condición, nun país que construíra a súa identidade dende Enrique VIII contra o catolicismo, isto era un verdadeiro atranco.

A pesar de todo, os seus fillos tamén foron educados nesta relixión. Xustamente tal día como hoxe, un 26 de abril, pero de 1564, foi bautizado o seu fillo máis famoso, William Shakespeare. William foi o nome que lle puxeron. Pero ata poucos días antes do seu nacemento, o seu pai tomara a decisión de chamalo James, en homenaxe ao apóstolo que nós coñecemos como Santiago.

Pouca xente sabe que a finais de 1580, Shakespeare, desencantado e decepcionado con Anne Hathaway, a súa muller, decide marchar e loitar contra os españois na guerra hispano-inglesa. Así, por cousas do azar acaba na Coruña ferido. E, curiosamente, a súa condición de católico axúdao a fuxir da guerra cando un frade benedictino, Frei Martín de Solveira, decide levalo a finais de 1589 a Oseira, onde descansaría e se recuperaría das súas feridas, ata que, finalmente, ao comezo da década de 1590, volve a Inglaterra nos barcos do mariño Carlos de Amezquita, que podemos imaxinar de onde era. Cando chegaron a Mousehole, Cornualles, escapou a Londres, onde finalmente se dedicaría para sempre ao teatro.

Por iso non foi estraña a fascinación que tivo Shakespeare pola cultura dun país onde vivira estas experiencias. Cardenio, comedia inspirada nun dos capítulos de Don Quixote; as influencias de Antonio de Eslava, de Pero Mexia… Pero foron Oseira e os seus viños os que conformaron o carácter do Bardo de Stratford-upon-Avon. Así se fai a historia.

*Publicado en La Voz de Galicia o 26 de abril de 2014

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s