Unha nova Constitución para España

1383583521_extras_noticia_foton_7_0

Está claro que o problema de Ourense é que España necesita unha nova Constitución. Por iso, se se fai un novo texto constitucional, o atraso da provincia e as barbaridades que vemos de políticos e demais fauna seguro que se resolven.

Xa se vai vendo. Polo de pronto, agora, na festa do Boi de Allariz van traer animais de aquí. Será por animais, pensei eu. Aínda que cando falamos de celebrar festas castizas sempre lembro o que dicía Castelao: lástima de bois.

Para problema, o parking da Deputación… Perdón, o parking que ten a Deputación no hospital. Que tendo en conta que pola zona non hai onde aparcar, alguén crerá que a xestión deste negocio naceu de comisións pagadas e de facer a vista gorda coa legalidade. Seguro que non, e, ademais, agora temos un código ético. Algo así como ter a Messi no teu equipo. Ganas seguro. Ou non?

Se nos poñemos negativos, ata haberá alguén que crea que as eleccións europeas non valen para nada. Si que valen, de feito non hai máis que ver a representación de Ourense nas listas dos partidos para nos decatar do noso peso. Se ata hai algúns que cren que nos enganan metendo a xubilados. Vaia rebeldía!

Entre isto e o de ver que un senador ourensán e alcalde leva cobrando dende hai case tres anos sen dar un pau, non sei con que me quedo. Que está ben que un político non fale, porque para o que teñen que dicir, pero que disimule. E non digo o de falar polo que dixo estes días Pachi, aínda que estea mal dito.

Tamén ten gracia que o Concello de Ourense, gobernado ou desgobernado, segundo se mire, polo PSOE, privatice a inspección tributaria do Concello. Dá a sensación de que non se fían dos inspectores da casa, ou dos funcionarios de tributos, ou de ambos, que é peor.

Pero podemos estar tranquilos. Todo isto se amaña se aprobamos unha nova Constitución. Seguro.

*Publicado en La Voz de Galicia o 12 de abril de 2014

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s