A treboada Pokemon

Ciclone-Jasmine-NASA

Podería ser o nome dunha borrasca destas que nos están visitando este inverno tan inverno que estamos a sufrir. Tamén podía ser o nome dun capítulo desta serie ou unha extensión do xogo, para PlayStation 3. Pero non.

A treboada Pokemon é un fenómeno sociolóxico, que non meteorolóxico, que se está a producir na nosa provincia por simpatía coa de Lugo, na que este fenómeno se converteu en cicloxénese explosiva hai xa máis de dous anos.

Entrementres, o que descubrimos oscila entre o tráxico e o cómico, como nas mellores historias. Choferes enchufados que non tiñan carné, tipos con bigote que se afeitaron para disimular, políticos aos que lles amañaban a casa e o xardín para que tragasen. E mulleres de, fillos de, sobriños de… Todos colocados e agora un pelín descolocados.

Que si, que tamén hai que recoñecer que algúns din que non é para tanto, polo menos en Ourense, onde estamos afeitos a que os políticos repartan billetes de cincocentos euros nos mítines, ou que haxa que pagar para conseguir unha praza fixa de local ou de bombeiro. Pero seguro que isto é, como dicía aquel, unha patraña e unha sarta de mentiras. Porque, a ver, quen o pode demostrar? E se nunca se investigou xudicialmente, por algo será. Que isto non é Lugo.

Para comprender de que vai a Pokemon, só hai que saír de esmorga un xoves calquera, e volver a unha mala hora, para ficar abraido coa sucesión interminable de vehículos de limpeza que se encargan de pasear pola cidade. Nin en Paris hai tanto nivel.

O que realmente me preocupa a min é que chegue o pobre ministro do Interior que temos e diga que en Ourense, como en Ceuta, non se pode aplicar a lei coma no resto do país. Porque sempre vai haber algún incauto que o crea. Para mostra, a Pokemon.

*Publicado en La Voz de Galicia o 15 de febreiro de 2014

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s