OURENSE

abreviaturas-de-internet

Marca España, acrónimo Ourense, política ficción… Esta cidade é para partirse de risa. Este país é para partirse de risa. E Ourense, a este paso, acabará por converterse nun acrónimo, nas iniciais dunha cidade que resume a nosa época. Un acrónimo é unha sigla formada polas letras iniciais doutras palabras, e, sen sabelo, usamos moitos nas nosas vidas: RENFE, USA, SIDA, ONU, AVE.

Tantos e tantos que están agochados no noso uso diario sen que saibamos que son acrónimos. ERE, expediente de regulación de emprego; ICADE, Instituto católico de Administración e Dirección de Empresas; ou ESTRAPERLO, nome derivado de Strauss, Perel e Lowann, apelidos dos que introduciron en España o xogo da ruleta eléctrica, e o escándalo que se montou acabou facendo da palabra un sinónimo de mercado ilegal, algo que na nosa provincia fronteiriza foi durante moito tempo máis que habitual. Tamén JASP estivo de moda por un anuncio de coches, sen saber que era a copia de WASP, acrónimo usado en inglés para referirse aos brancos, anglosaxóns e de relixión protestante.

Por iso, se cadra, Ourense acabou por converterse nun acrónimo. OURENSE, o único reducto español nacido sen expectativas. Ou, peor aínda, para os parvos que aínda usen ORENSE tamén como abreviatura: o ridículo é nacer sabéndonos excluídos.

Por unha razón ou por outra a nosa provincia, a nosa cidade é un exemplo. Mestúranse na política as cacicadas doutras épocas que aínda están presentes, pais, fillos, enchufes e demais, coas malas prácticas dos últimos anos, e que se reducen a pensar que se eu estou no poder fago o que quero. Entrementres, Ourense segue minguando e, con el, os seus políticos e a súa sociedade. Parecéndose cada vez máis ao seu propio acrónimo OURENSE. O único retroceso é non saber entender.

*Publicado en La Voz de Galicia o 29 de marzo de 2014

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s