Da medida de Ourense

confor1

Ti dis Galiza é ben pequena. Eu digo Galiza é un mundo. O problema es ti, que endexamais poderás concibir nada grande. Así falaba Vicente Risco expresando moi claramente o problema da nosa sociedade, do noso país.

Tamén hai xa unha década que o escritor Carlos Fuentes se facía eco do chamado miniature earth project, un proxecto que reducía a poboación do mundo a cen persoas para concienciar a Occidente da realidade.

Seguindo esta perspectiva filosófica e, por certo, bastante lóxica, Ourense, a cidade, a provincia, permítenos observar os problemas que sufriu a sociedade española, a sociedade galega nos últimos anos e que nos abocou á situación actual.

Ourense garda todas as preguntas e tamén todas as respostas. O caso é atopalas. Observando as cacicadas da Mezquita, a pouca altura da maioría dos políticos do concello de Ourense, a política que segue empregando a deputación de Ourense e a cantidade de alcaldes irresponsables que se moven entre a frivolidade e o nepotismo ao largo da provincia, un comprende todo.

Se engadimos o pouco respecto que a Administración ten polos seus cidadáns, o pouco respecto que teñen os cidadáns polo ben común, o funcionamento dos tribunais, das institucións públicas, a miseria moral e ética que dirixe a forma de actuar de moitos, comprenderemos todo.

A sociedade está dirixida por pobres políticos idiotas, porque a sociedade estivo e está dominada por valores e cidadáns idiotas, que substituíron a ética pública que debería estudarse nos colexios e os comportamentos cidadáns exemplares por un vale todo no que vivimos anestesiados nos últimos anos.

Mudemos esta sociedade idiota e agardemos que muden tamén os políticos idiotas que nos dirixen, e cun chisco de sorte as cousas cambiarán. Por que non?

*Publicado en La Voz de Galicia o 25 de xaneiro de 2014

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s