O Cineclube Padre Feijoo

heroes-tramoya

A historia de Ourense e o cine é curiosa. Se damos por boa a historia que nos conta o etnógrafo e sacerdote de Ambía que non tardará en ser mito, Elixio Rivas, podémonos sentir orgullosos pois foi o padre Díez o que, co seu invento, marcou o camiño que os irmáns Lumière seguiron co seu cinematógrafo. Pero isto forma parte do mito. Ou talvez non.

Realidade mítica incuestionable é que Antonio Román, Carlos Velo e Xosé Suárez, avós ou pais do noso cine, segundo se mire, eran ourensáns.

E poida que fosen os azares, e esta humidade que na nosa provincia se mestura con catro variedades de viño únicas, os que fan que o gusto polos clubs de cine pase inalterado, inexplicablemente, de xeración en xeración. Tamén acontece algo parecido coa nosa teima polo Entroido. Que si, que se es brasileiro é comprensible, pero se es ourensán faise raro.

Así atopamos que, mentres os cines van pechando, en Ourense sobe o número de espectadores e os cineclubs van gañando en presenza e proxección. Para mostra, o da cidade. Xa non falo da provincia, porque montar un cineclub no Barco ou no Carballiño é tan complicado como encontrar un alcalde que pense nos intereses dos seus veciños e non en caciquear, como fan case todos.

En Ourense temos a ocasión cada luns e cada mércores de gozar das proxeccións do Cineclube Padre Feijoo. E o facemos entre 112 butacas que son máis propias da clase business dunha liña aérea que dunha proxección de arte e ensaio.

Os culpables? Manel, Óscar, Precedo e Iñaki, os do cineclub que a min me lembran os personaxes de Reservoir Dogs, a peli de Tarantino. Non na versión barata que fixo Chévere con Eurozone, senón na de verdade.

Así, cando un se achega para ver un filme, sabe que calquera cousa pode pasar.

*Publicado en La Voz de Galicia o 18 de xaneiro de 2014

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s