De códigos éticos e estéticos

solo_ante_el_peligro_sin_hora_de_cierre_128155524

Vou facer un código ético. Xa o decidín. Vivimos tempos difíciles, e moita xente estao a pasar mal. Os políticos teñen roubado a mans cheas, e as familias e os postos van pasando de pais a fillos, como se dunha monarquía se tratase. A este paso, ata se vai herdar o posto de presidente da Deputación.

Esta é a razón do código ético. Alguén debe dar un paso adiante. Acabaremos coas prebendas políticas, cos caciques. Deixaremos de permitir que se coloquen a dedo votantes afíns, amigos, a cambio de diñeiro. Deixaremos de permitir testaferros e intermediarios que cobren a mordida, como se isto fose a Idade Media.

A partir de agora, está feito. Esta será a nosa nova consigna, sen facer diferenza entre votantes dun tipo ou doutro, así, como se todos fosemos iguais. Non haberá cacicadas electorais. Non se aceptarán máis de cinco porteiros por porta, nin coleccións de coches antigos pagadas e mantidas co diñeiro dos cidadáns.

Home, cousa distinta é que alguén queira facer homenaxes. Como se é a min. A min ou ao meu pai. Pero nada de obrigar a ir aos enchufados e aos que pagaron as súas prazas. Non.

A partir de agora non se permitirán que as axudas públicas vaian para as empresas afíns. A partir de agora, non se permitirá enchufar a ex-noras ou a cuñados, ou a fillos de amigos. Nunca máis. Dende este momento, esixiremos os principios de igualdade, mérito e capacidade. Contrataremos legalmente. Dende agora actuaremos coma se fosemos unha democracia. Coma se fosemos Europa. Si, señor, coma Europa.

E ademais do código ético, espero que a xustiza actúe coma sempre.

Só me faltaba isto, aprobar un código ético, e vestirme de sheriff con traxe de coiro a medida, para o próximo Entroido. Ou peor, ver a Bono, o cantante, o irlandés, falar no mitin do PP europeo.

*Publicado en La Voz de Galicia o 8 de marzo de 2014

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s