‘Nosotras parimos, nosotras decidimos’

images

Isto mesmo foi o que deberon pensar as monxas de Santa Clara de Allariz cando optaron por deixar de criar polos para centrarse nas pulardas que van mandar a Roma para a cea de Noiteboa. Non sabemos se no Vaticano seguirán practicando a vixilia de Nadal como acontecía antes na Igrexa e, polo tanto, non comerán carne esa noite, pero non importa. Afortunadamente, se iso é así temos a seguridade de que o siareiro máis coñecido do San Lorenzo de Almagro, Francisco I o Papa, cederalles aos pobres romanos a súa parte de pularda.

Aínda que tampouco estaba mal que mandasen esas pulardas ou eses polos aos pobres de Ourense, que de seguro teñen máis necesidade que os romanos, os pobres.

Como necesidade temos, na vida política de Ourense, de que se actúe con responsabilidade e de que alcaldes e concelleiros traballen polos problemas dos cidadáns, non era mala hora para que o PSOE provincial se deixase de discusións baldías e de defender  intereses persoais, e apoiase un alcalde que amosa unha firmeza política que, agardemos, que traia tranquilidade.

Agardemos tamén que non teña a mala sorte de ter que ir traballar un sábado ao Concello, e de coller un bus e sufrir un accidente e conseguir unha pensión, porque entón seguro que o señor Alcalde se crería o rei do mambo. Pero, afortunadamente, este non é o caso.

Sexamos optimistas e comprensivos, que chega o Nadal e seguro que as cousas non poden ir peor. Os problemas reais son outros porque, vexamos, se non hai acordo no grupo de goberno municipal, quen fai de rei mago na cabalgata?

Entrementres, pidamos que as monxas de Allariz recen, entre pularda e pularda, por todas as mulleres que seguirán decidindo o que fan co seu corpo, con lei ou sen lei. Faltaría máis.

*Publicado en La Voz de Galicia o 21 de decembro de 2013

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s