De Alberto Vilanova a Óscar Freán, Ourense

Por Samaín, a actualidade faise festa e vaudeville na nosa cidade. O parlamentario por Ourense de AGE David Calviño decide marchar cunha bolsa para Dinamarca e así o comunica. A coalición de partidos da esquerda adianta que a número dous de Esquerda Unida, desunida, Carmela Iglesias, renuncia ao escano para deixar paso á número tres. Pero, mira por onde, a número dous di que non, que ela tamén quere ser parlamentaria. Despois de ver o outro día no parlamento español esa chea de vagos que temos como deputados, que non agardaron nin a que acabara o reconto para marchar, non me estraña.

Todo se lía cando a coalición de partidos decide algo tan impresentable como que David Calviño marche becado para Dinamarca, pero coa idea de que virá para votar. Non se me ocorre mellor argumento para facer unha ópera bufa ou unha comedia desas tipo ¡Ay, Carmela! coas que ris ás gargalladas.

Claro que tendo un personaxe novo como David, o deputado que se vai a Dinamarca, sería máis propio facer un Hamlet. Un Hamlet onde Carmela Iglesias podería ser perfectamente Gertrudis, a nai de Hamlet, que decide casar co asasino do seu pai. Nunha versión ou noutra, todo acaba mal. Seguro.

Como acabará mal, se non rectifican no CHUO o de pediatría. Se como cidadáns non tomamos nota de todo isto, está claro que o problema non é a prima, senón nós mesmos, que somos uns primos.

Por outra parte, esta semana descubrín a Alberto Vilanova, un historiador ourensán e republicano exiliado que impartiu cátedra en Bos Aires e que xa case ninguén lembra. E como a historia se repite, tamén esta semana outro historiador ourensán que imparte maxisterio en Besançon veu presentar, discretamente, un libro sobre a prensa obreira galega.

A historia repítese, pero vendo que seguimos adiante eu teño esperanza.

*Publicado en La Voz de Galicia o 3 de novembro de 2013

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s