Baltar, Senén e as transparencias

lupa

Esta é unha película triste que se inicia así. Érase unha vez un alcalde de Beade que decidiu deixar de ser franquista. Triste, tiña que disimular a risa da súa faciana mentres dicía que as vías civilizadas eran unha alternativa desexable. E aínda que el tiña unha idea, unha, ser franquista, a realidade actual implicaba calar e apañar as imaxes fascistas e levalas para casa.

Alguén, se cadra, enganaríase se crese que Senén se arrepentía. Para nada. Durante décadas na Xunta tamén estaba Fraga, que pensaba igual ca el, e tamén calaba. Senén seguiría a pensar que a vida se reducía a ser franquista, alcalde e crer en deus, aínda que na vindeira lexislatura seguramente dende casa. Así é a vida.

Entrementres, na cidade Baltar Jr. presume, tristemente, de ser transparente, mentres a teimuda realidade retrata un Presidente que segue unha senda trazada da que se benefician familiares, amiguetes e xentes diversas, aínda que mereza que se diga que este disimula máis. Durante décadas enchufar era a tendencia imperante, na actualidade é a transparencia a que se leva a palma. E a transparencia, aínda que sexa mentira, ten máis graza, se se esquece que antes había caciques que gastaran e malgastaran axudas públicas chegadas da UE e de Madrid. Que pena.

Finalmente, as familias da cidade seguen a agardar, inquedas, que nalgún instante se amañe cirurxía pediátrica. Da xerente da sanidade, nin falar, esta tamén é transparente.

A película da vida na cidade transcorre así, mentres algúns xuíces, para gañar fama case sempre inmerecida, piden expedientes a alcaldes e demais fauna, aínda que pareza mentira, para evitar acusar. A realidade aquí sempre parece incrible. Imaxinada, escrita, inventada.

Haberá que tentar estender a transparencia. A ver que pasa.

“Publicado en La Voz de Galicia o 23 de novembro de 2013

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s