Señores, sentido do humor.

beso-saludo-breznev_honecker[1]

Bansky é un grafitero de sona que está de visita en Nova York. A súa arte cotízase moito, pero colle o tipo, por iso da provocación, e decide de incógnito poñer á venda as súas creacións a 60 dólares peza. Vendeu catro, claro. E o outro día Albert Pla, o artista iconoclasta, dixo que lle daba noxo ser español e que tiña que ser obrigatorio aprender catalán en Xixón. E collen, e vétano nun concerto.

Definitivamente, a xente non ten sentido do humor. E, a pesar de todo, a teimuda realidade empéñase en sacarnos un sorriso. Porque, a ver, agora que se está preparando o xuízo contra Baltar, que só o acusen de prevaricación é gracioso, tan gracioso como que Bansky en Nova York só teña tres clientes. A partir de agora xa non poderán presumir nin de cacique nin de artista.

E claramente Rogelio Fernández, o representante da Xunta en Ourense, é como Albert Pla, un iconoclasta. Se todos temos a idea de que un político imputado e procesado ten que marchar por vergoña, el non. El, como o artista catalán, segue actuando a contracorrente. Por iso me parece moi ben que a fiscalía non o acuse, esta institución non está para acusar a este tipo de políticos. Está para… Non sei, para acusar a Albert Pla.

E é que a xente non ten sentido do humor. Porque o de que aquel parroquiano de Verín vaia a tomar algo a un local da Gudiña e, despois de pagar, decida roubar, ten graza. Xusto o contrario do que fai Novagalicia Banco cos preferentistas, que primeiro roubou e agora parece que decide pagar. E tamén ten graza que a fiscalía tampouco decida acusar.

Agora só falta que a alguén lle pareza mal que se subaste o tricornio de Tejero, ou que o Concello de Ourense gaste diñeiro en alugarlle o Banco de España ao ministerio de Montoro. Se neste país sobra pasta, o que falta é sentido do humor.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s