A política de Ourense en 28 pagas.

2401079168-16102011052810

Dereito a decidir, soberanía, referendum… Son palabras que a sociedade e os seus políticos empregan a capricho, e do dereito e do revés, en función das necesidades ou dos intereses que primen nun ou noutro momento. Dereito a decidir para Escocia, pero non para Catalunya. Faltaría. Soberanía que se emprega para prestar diñeiro aos bancos, pero non para defender os dereitos de nós, o pobo soberano. Referendum para que os burócratas de Bruxelas vivan a corpo de rei pero, obviamente, non para qe Catalunya decida. A sociedade cínica de políticos cínicos xoga ás agachadas coa súa propia sombra. Con nós. E así nos vai.

Tamén reprobación, e incompatibilidade, e recusación son palabras. Palabras que os nosos políticos e os nosos sindicalistas, os de Ourense, gastan e malgastan con moi pouca responsabilidade, con moito morro. Aínda que claro, para que van ser responsables se non xogan co seu diñeiro, se non co noso. E como tentar explicarlle a un neno porque non pode ter todos os xoguetes dunha tenda de xoguetes.

E a política municipal de Ourense ten moito diso. Non importa que se empregue erroneamente a idea xurídica de recusación nun ámbito onde non ten sentido. Sempre vai haber un idiota que lle bote cara ou que se pretenda aproveitar a situación. Non importa que alguén pretenda cobrar 28 pagas no mesmo horario laboral. Non. Sempre vai haber uns listos, ou uns superficiais, que fagan dun interese persoal como este unha causa belli, un motivo para discutir en público e airear as súas vergoñas cainitas.

Coido que debemos pedirlle aos nosos políticos, aos nosos sindicalistas, máis responsabilidade, máis seriedade para que amosen polos problemas dos cidadáns a mesma sensibilidade que polos que poden ter dous traballos e 28 pagas.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s