A vida real? Alucinante

monty_python_4

Que a filla do Rei estea imputada? Alucinante. Que cando chove se inunden as termas públicas de Ourense? Alucinante. Que pase todos os anos e ninguén faga nada? Alucinante. Que a estación do AVE en Ourense custe máis de dez mil millóns das pesetas das de antes? Alucinante. Que a A-76 entre Ourense e O Barco non exista? Alucinante. Que ninguén caia na conta de que as infraestruturas chegan a Ourense vinte e cinco anos despois que ao resto do Estado? Alucinante.

Que un político dos Peares saia en bañador nos xornais? Alucinante. Que un coche tente baixar polas escaleiras da igrexa de Santa María Nai? Alucinante. Que a Garda Civil ocupe o carril esquerdo da autovía en Xinzo de Limia para parar coches? Alucinante. Que se deseque unha braña para plantar patacas? Alucinante. Que se faga o Cineclube no centro comercial? Alucinante.

As quitas das preferentes? Alucinante. A xestión privada da sanidade? Alucinante. A prima de risco? Alucinante. Os xuíces irresponsables? Alucinante. A falla de ética na sociedade? Alucinante. A falla de estética? Alucinante. As universidades falsificando o plan Boloña? Alucinante. Unha profesora de dereito en Ourense como decana de informática? Alucinante.

Que os políticos imputados non dimitan? Alucinante. Que as pizarreiras de Valdeorras se acollan a ERES por falta de traballo e despois fagan que os seus empregados traballen os sábados? Alucinante. Que a xente nova non teña saída en Ourense? Alucinante.

As roldas de prensa sen preguntas? Alucinante. As contestacións dos políticos? Alucinante. A súa falla de humildade? Alucinante. A pouca vergoña de moitos? Alucinante. A ignorancia que impera no mundo? Alucinante. O mundo e a realidade? A, lu, ci, nan, te.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s