México e o espírito olímpico.

Quero amosar a miña solidariedade con Madrid 2020. Moitos buscan razóns polas que é absurdo organizar unhas olimpíadas na capital do Reino. Mentira.Que ninguén pense que influíu que a Botella, pobre, non saiba falar inglés; tampouco Aznar o sabe e non lle afectou en nada na súa carreira. Ademais ela está aí polo seu marido, como está Baltar fillo polo pai, hai que ter algo de sensibilidade, bastante desgraza teñen. Menos aínda que algún malpensado crea que o feito de que organizen o tenis en prazas de touros poida influír na decisión do COI. Non.

Sentiríame moi mal que se pensase que o feito de que os fascistas de Madrid boicoteasen a homenaxe a Diada agredindo a deputados como Teresa Cunillera ou Sánchez Llibre influiría nalgún momento na decisión de que non se organizasen en Madrid. Nada máis lonxe. A razón é que nos teñen manía. Do mesmo xeito que os incendios están causados porque deus fai que os incendiarios queimen, e a Xunta non ten nada que ver. Madia leva.

Por iso quero amosar a miña solidariedade con Senén Pousa, alcalde de Beade. Agora que vexo que a Audiencia Nacional, un Tribunal que non sería legal nunha democracia normal, condena a membros de Resistencia Galega cunha actitude propia dos amigos de Pousa, non me gustaría que a Garda Civil que é tan legalista como todo o mundo sabe, se atreva a denunciar o vello rexidor por franquista. Vale, que alguén pode pensar que está facendo apoloxía dos delitos recollidos no artigo 510 e 607 do Código Penal, e que tería que estar no cárcere, pero a ver, quen le o Código Penal? Se a xente non le libros, menos aínda textos xurídicos.

Entrementres, o alcalde de Ourense e concelleiros, aproveitan despois das vacacións para estar uns días máis en México tan felices co diñeiro de todos. Si señor, este é o verdadeiro espírito olímpico.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s