Cando a vida é puro teatro

deleuze01

Por aquilo da Mostra de Teatro de Ribadavia decidín escribir unha peza dramática. Vouna chamar Bárcenas, que é un nome impactante. Ou se cadra Tax lease, que tamén está de actualidade, aínda que ninguén saiba o que é.

A obra vai tratar das peripecias dun home que tras estar un tempo de alcalde decide, o caradura, tentar cobrar o paro, porque como todo o mundo sabe as comisións non dan para moito.

Despois, este personaxe acorda regalarlle aos seus amigos, sen pasar por ningún control público, unha adxudicación para que se fagan millonarios. Acontece que, por iso das emocións e das présas, concédelle a adxudicación catro días antes de que a empresa se cree. Pobres, só por iso, acaba por anularse. Na historia que eu invento, como a oposición non se cosca de nada, antes de que se aprobe a adxudicación no pleno dese concello imaxinario, dá unha rolda de prensa para denunciar a cacicada e, claro, paran a operación. Quen ía imaxinar que só por iso non habería delito?

En fin, ábrese unha causa e investigar investigan, pero finalmente acaban absolvéndoos porque, aínda que é evidente que querían facer a cacicada, pois como que non saíu. A historia non remata aquí, senón que segue cando un dos personaxes secundarios da trama decide reclamar os trece millóns de pesetas que, tamén presuntamente, pagou en avogados, que así da gusto. Algo así como gastarse dous amigos 200 euros en paparotas con Macallan e viño caro a conta do erario público.

Teño dúbidas co final. Poida que remate cun tesoreiro cantando no cárcere, cun xuíz denunciado pola fiscalía ou cun asesor tipo Ricardo III en prisión por sen vergonza. Na miña peza de teatro, todos estes personaxes piden perdón.

Pero, que quede claro, calquera parecido coa realidade é pura coincidencia.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s