Orense na distancia

sol3

Orense ten apenas dous mil habitantes. E iso nótase. As xentes tranquilas viven felices nun contorno que por veces non é tan amable e onde se sofren os mesmos problemas que mortifican as sociedades occidentais: corrupción, paro, depresión económica. Pero todo é cuestión de perspectiva.

Ademais, o seu balneario tamén permite esquecerse do mundo e vivir nunha ensoñación. Por iso Orense é un lugar máxico.

Ramón Santamarina, cando chegou alí por primeira vez, debeu sentir esa sensación, ese latexo vital. Porque os homes chamados a grandes metas viven en moitas ocasións de intuicións, o único xeito por veces de saír adiante. El, nacido nunha fermosa casa na praza do Ferro, no ano de 1827, sen sorte, tivo que marchar moi novo. Pero a vida é impredecible e non pasaron moitas décadas para que ese rapaz orfo fixese fortuna e recuperase o prestixio da súa familia.

De seguro que Ramón Santamarina non deixaría de sorrir na distancia coa polémica que o outro día A Mesa pola Normalización Lingüística, asociación en defensa do galego, denunciou por mor de que a UNED, nunha asignatura de lingua, obrigaba a empregar eses entrañables nomes rancios que algúns pobres ignorantes aínda usan: Orense, Sanjenjo, Carballino, en lugar dos topónimos oficiais que todos coñecemos. Pero para comprendelo ben axudaría que o debate estivese en si informado, e as Leis sobre toponimia e a propia RAE son moi claras.

Pero os problemas de Ourense son outros.

Eu, agora, quedo con Orense, coas súas postas de sol e co seu balneario, lugar máxico onde, ás veces, pode verse o paso das baleas. Para iso, só temos que achegarnos ao sur de Buenos Aires, onde aló polo 1913 Ramón Santamarina, un ourensán que buscaba o seu destino, fundou a localidade de Orense, na nosa memoria.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s