O gin tonic e a inquisición española.

tumblr_m4jru1wwGS1qmfjj7o1_1280

Se eu fose xuíz, comezaría sempre as miñas Sentencias, con esa fermosa frase: en nome da súa maxestade El Rey. E remataría sempre cun fallo, como lle pasou o outro día á Audiencia de Palma coa Infanta porque, efectivamente, en nome da súa maxestade El Rey, fallaron.

Se eu fose xuíz, e estivese investigando fóra do partido xudicial onde ostento a competencia, por exemplo, no Carballiño, mandaría a axentes de vixilancia aduaneira ao Concello. Pola coña. Para iso están. E ademais a quen lle importan as nulidades ou que eses axentes estean asignados a outros servizos?

Eu iria máis alá. Mandaría á Garda Real a cabalo, a recoller a documentación, que iso xa sería o único que nos podería sorprender.

Pero neste tempo de crise,  poida que fose máis efectivo o que facían os Monty Python nun dos seus sketch máis coñecidos. De súpeto, entraban en escena tres deles vestidos de cardeais mentres berraban Nobody expects the spanish inquisition. Nunha tradución libre: cando ninguén o espera, a inquisición española chega.

Sería divertido imaxinar esta escena no Carballiño o outro día. Mellor aínda, imaxinala no pleno extraordinario do Concello de Ourense onde discutían as vergoñas duns e doutros. Sería estupendo que, cando se tiraban os gastos impropios á cabeza, entrasen no pleno tres persoas vestidas como cardeais berrando: cando ninguén o espera, a inquisición española chega. Isto sería o que tiraríamos en limpo do debate. Unhas boas risas.

E polo de seguir coas risas, non estaría mal tampouco botarlle unha ollada ás contas das corporacións anteriores, porque seguro que describirían moi ben os gustos etílicos e culinarios dos últimos vinte anos. Porque o gin & tonic non sempre estivo de moda. Faltaría máis.

(artigo publicado en La Voz de Galicia, 11 de maio de 2013)

Advertisement

Unha opinión sobre “O gin tonic e a inquisición española.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s