Quedando cun escritor chileno

detectivesreales

Vivimos nun mundo fascinante. A realidade mestura conceptos e ideas tan diversas como poidamos imaxinar, e isto é algo que endexamais, never the never, aconteceu na historia. Só hai que botarlle unha ollada ao xornalismo que seguindo aquelo que comentaba Irene Lozano dedicábase mais ao entretemento que a información. E así atopamos mesturado de todo… dende grandes noticias ata tontunada que hai tempo non tería espazo nun xornal ou nun telexornal.

Dende Gran hermano ata esa pobre muller que cortesana que falaba de El quijote de la Mancha como esa obra de Quevedo, cando todo o mundo sabe que é de Lope de Vega, ou de Pérez Reverte. A partir de agora xa coñecida como Genoboba Casanova, mentres unha sesuda xornalista reflexionaba sobre o gusto de Hitler polas películas de Disney. Todo isto mesturado arbitrariamente con asasinatos, terremotos, accidentes e pequenas ou grandes traxedias persoais que mentres non lles afecten, son tratadas polo xornalismo como un xeito de encher maquetas. E si, claro, mesturado tamén con algún asunto importante, que semella en moitas ocasións diluído entre tanta bazofia.

E a xente así vaise formando unha percepción de realidade. E así tamén, a forza de mirar unha determinada realidade, acaba por ter unha visión se cadra singular da mesma. Posiblemente idiotizada, posiblemente paralizada, posiblemente, seguro, limitada.

O home do século vinte e un, esta construíndo un xeito de ollar singular e único na historia,  e isto acabará condicionando as artes, a cultura, a sociedade e, por suposto, o futuro…

Entrementres só temos que disfrutar, en plena crise, de celebracións relixiosas onde as autoridades públicas e os particulares están dispostos a gastar o que faga falla, aínda que esteamos arruinadose e no New York Times non entendan nada (www.nytimes.com/2013/03/29/world/europe/easter-gets-an-exemption-from-spanish-austerity.html?pagewanted=1&_r=2&ref=global-home). Ou ata onte, disfrutar do fútbol e deixarnos levar pola euforia do Madrid ou do Barça. Onde esté un partido de fútbol que se quite un libro, que se quite a crise, ou calquera cousa…

Malia todo, para poder relativizar a realidade eu sigo quedando con Roberto Bolaño, o escritor chileno, case todos os días, para falar e compartir a nosa cociña. E poida que ata algo máis, pero diso xa falaremos.

P.D.- Non esquecer hoxe a noite felicitar a Bolaño, polo seu aniversario, que foi o domingo 28 de abril!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s